Mañá, 1 de decembro, a Santa Iglesia Catedral de Tui, sede do bispo e igrexa nai para toda a Diocese, cumpre o 1225 aniversario da súa dedicación. A habitual celebración eucarística presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, trasládase ao próximo día 9 de decembro, ás 12:00.
Cada ano, desde a súa consagración no ano 725 polo bispo naquel momento Esteban Egea, celébrase unha Eucaristía presidida polo actual pastor da Igrexa diocesana. Debido ás restricións actuais de mobilidade, dita celebración con Mons. Quinteiro trasládase do 1 ao 9 de decembro. Mañá ás 11:00, a misa será presidida polo deán, José Diéguez Dieppa.
O 9 de decembro, terá lugar un encontro sacerdotal que comezará ás once da mañá cun intre de oración e meditación, tras o cal se celebrará a Eucaristía —ás doce da mañá—. Finalmente, o presbiterio poderá coñecer o plan de rehabilitación e posta en valor do museo diocesano e catedralicio.