O Coro

Uns dos espazos máis característicos de todas as catedrais é o destinado ao coro que, tradicionalmente, se ven situando no espazo central da nave principal, fronte ao altar maior. 
Nalgunhas catedrais, as recentes reformas litúrxicas aconsellaron o traslado dos elementos do coro a outros espazos, cunha finalidade puramente catequética, deixando libre o espazo para acoller ao todo o pobo de Deus reunido fronte ao Altar para participar a Eucaristía.

É por esta razón que o coro da catedral tudense se acha situado na Capela Maior, aínda que, baixo os órganos, atópanse senllas fileiras con parte do cadeirado que realizara o mestre Castro Canseco a finais do XVII. No devandito cadeirado represéntanse con excepcionais relevos tallados sobre a madeira as efixies de diversos santos, moitos deles moi prodigados nas devocións galegas, e escenas da Virxe María que acentúan o carácter mariano deste templo.

O espazo do coro estaba destinado a aqueles clérigos que formaban parte del para realizar os cantos e os oficios divinos.

0 comments on “O Coro

Deixa unha resposta