Portada Norte

En contraposición á fachada occidental, tamén chamada Occidental, atópase a Portada Norte ou de San Epitacio, facendo referencia o primeiro bispo da diocese e da cidade de Tui cuxa imaxe é apreciable colocada sobre un primitivo capitel de época prerrománica.


A Portada Norte constitúe a principal expresión da arte románica na catedral tudense, fundamentalmente pola orixinalidade da disposición dos tres arcos de descarga combinados, dando como resultado un aspecto exterior único na arte galega, a pesar da sobriedade das columnas que flanquean a porta e a ausencia decorativa do tímpano.


Todo o conxunto queda rematado na parte superior por un rosetón de motivos florais.

0 comments on “Portada Norte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará