No contexto festivo e alegre da Pascua, o 28 de abril, a diocese de Tui-Vigo celebrou a festa en honra ao seu patrón, o beato Pedro González Telmo, vulgarmente coñecido como «san Telmo». Ás 11.00 horas, comezaba a misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, e concelebrada polo emérito, monseñor Luís Quinteiro, polo bispo de Abancay (Perú), monseñor Gilberto Gómez —natural de Albeos —, e varios sacerdotes diocesanos. Á eucaristía tamén asistiron diversas autoridades civís e militares, así como multitude de devotos do beato Pedro González.
A celebración comezou coa tradicional veneración das reliquias no altar do templo catedralicio, seguida da habitual procesión cos restos dalgúns santos que se custodian no altar relicario da catedral, realizado en 1735 por Francisco Alonso de Castro. Así, sacerdotes e membros da confraría de San Telmo de Tui portaron as reliquias polas rúas da coroa, ou “coronilla”, da cidade tudense —de aí recibe o seu nome de “procesión da coronilla”—.
Nesta ocasión, o oferente foi o capitán de navío e comandante-director da Escola Naval Militar de Marín, Pedro Cardona Suanzes, que, durante a súa intervención, destacou a humildade e o servizo, valores que se poden atopar na figura de san Telmo e que tamén tratan de inculcarse nas Forzas Armadas: «a mar ensínanos a nosa pequenez fronte á inmensidade do océano: que ante unha tempestade, como na vida, moitas veces hai que navegar á capa, ou capear, como se coñece máis comunmente, deixando que o temporal marque o teu rumbo mentres te concentras en manter o teu barco e aparello intactos […]; que todos os días, en función dos elementos, tes que axustar as velas e o rumbo, tes que adaptarche á túa realidade […]. A nosa misión é defender aos nosos concidadáns aínda a risco da nosa propia vida. Supón antepoñer o seu servizo ás nosas circunstancias ou intereses; isto é, abnegación; supón renuncias persoais e entrega; dito doutro xeito, supón xenerosidade».
Finalizaba o oferente, poñendo aos pés de san Telmo, «en nome dos meus alumnos e dotación, o noso servizo e a nosa humildade, co rogo de que nos axudes a fortalecelos co teu exemplo, e que nos acompañes, coides e protexas a todos».
Unha vez terminada a ofrenda, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, subliñou a importancia da santidade, especialmente, de «os santos da porta do lado» —aos que se refire o papa Francisco na súa exhortación apostólica Gaudete et exultate—, «homes e mulleres que reflicten a presenza e o amor de Deus e que van enchendo de fermosura o rostro da Igrexa e do mundo». Así, expresou que a santidade «é universal. Cada un será santo polo seu vieiro, como nos di o Concilio Vaticano II; cada un ha de discernir o seu propio camiño e sacar o mellor de si».
A santidade, continuou explicando o prelado tudense, alcánzase «vivindo con amor e ofrecendo o noso exemplo de cada día, alí onde nos atopemos», permitindo que todo estea aberto a Deus e optando por el. San Telmo, co seu exemplo, ensínanos que a santidade «vai crecendo con pequenos xestos —non falar mal do veciño, a paciencia, o afecto, achegarnos cara a cara aos pobres…—. É posible amar con ese amor incondicional porque o resucitado comparte a súa vida coas nosas fráxiles vidas».
Recollendo tamén as palabras do papa Francisco, monseñor Antonio Valín explicou que a santidade «é vivir en unión con Cristo os misterios da propia vida. En definitiva, é deixarlle a Cristo amar en nós. Ese amor lévanos ao compromiso coa realidade; a construír o reino do amor, a xustiza e a paz para todos». Con todo, «ser santos non nos fai perfectos. Tampouco nos fai menos humanos, todo o contrario, porque é o encontro da propia debilidade coa forza que vén de Deus. Isto quere dicir que ti e eu, calquera dos que estamos aquí, podemos ser santos na nosa vulnerabilidade e na nosa realidade diaria».
Monseñor Antonio Valín finalizou a súa homilía cunha oración dirixida a san Telmo en nome todos os diocesanos e diocesanas: «benquerido san Telmo, nesta mañá, queremos pedirche que nos deas unha valentía e un celo apostólico como o teu; que nos animes a proclamar o Evanxeo con paixón e a comprometernos coa realidade transformándoa. Suplicámosche que sigas intercedendo por nós e sendo o noso faro e guía; que nas dificultades e nas inclemencias da vida, sintamos a túa protección e axúdesnos a fortalecer a nosa fe e a nosa confianza no día a día. Venerable Pedro, que nunca nos falte a esperanza, capaz de transformar vidas e dar consolo no medio das dificultades. Dános a túa capacidade de saír ao encontro doutro na realidade que nos toca vivir, nesta terra e neste mundo; e a túa sensibilidade no servizo dos máis vulnerables e que en todo, querido santo, poñamos amor e xenerosidade, sabendo que hai máis alegría en dar que en recibir».
Unha vez finalizada a eucaristía, as reliquias regresan á súa capela, onde quedan expostas para a súa veneración. Este é o único día do ano no que o relicario realizado por Francisco Alonso de Castro no século XVIII permanece aberto; unha tradición tudense que permite gozar na súa integridade desta xoia de arte barroca e os seus singulares relicarios, moitos realizados en prata nos séculos XVI e XVII. Ata alí, achegáronse os devotos para render homenaxe e solicitar a intercesión dos santos e santas que a Igrexa recoñeceu ao longo dos anos e cuxos restos se conservan na catedral tudense de Santa María.
Como é costume desde aproximadamente o ano 1945, a devoción ao beato Pedro González Telmo reúne en Tui preto de 30 imaxes —titulares dos antigos gremios das parroquias do concello, outras de devoción, etc.—, que acompañan ao patrón da diocese en procesión polas rúas da cidade, xunto cun amplo cortexo institucional coas autoridades e os representantes dos concellos do antigo partido xudicial de Tui. Debido ao nivel dous de alarma provocado pola perda de electricidade en todo o país, a procesión non puido levarse a cabo. A pesar diso, si se realizou a ofrenda ante a imaxe de san Telmo.
Cos últimos raios de sol reflectidos no río Miño, centos de fieis congregáronse na praza de San Fernando para participar na ofrenda ao beato Pedro González Telmo. Autoridades civís, militares e eclesiásticas realizaron a procesión da “coronilla”. Despois, a imaxe de san Telmo emerxeu da catedral acompañada de aplausos. Tras realizar a ofrenda floral na imaxe do beato, o bispo pediu a protección do patrón da diocese, da cidade de Tui e dos navegantes. Este acto de devoción finalizou co canto de Sálve mariñeira e co himno en honra a san Telmo, mentres a imaxe regresaba de novo ao interior do templo catedralicio ata o próximo ano que, Deus mediante, poderá percorrer de novo as rúas da cidade.
Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.