Onte, venres 2 de maio, ás 11.00 horas, na catedral tudense de Santa María, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidiu misar funeral polo eterno descanso do papa Francisco, convidando os presentes a vivir este momento «desde a fe e a gratitude, en comuñón con toda a Igrexa. Estamos convencidos e proclamamos a forza que vén da resurrección de Cristo. Celebramos esta eucaristía pedindo polo papa, tristes, pero esperanzados, confiados en que Deus o convida á comuñón e vida con el». O bispo emérito, monseñor Luís Quinteiro, e varios presbíteros diocesanos participaron nesta celebración.
Grazas ao papa Francisco, manifestou o bispo tudense, «palabras coñecidas na nosa tradición adquiriron unha melodía nova: a misericordia infinita e incansable de Dios, o empeño de que todos nos poidamos atopar na Igrexa, como na propia casa e non ante unha aduana; a urxencia de saír das nosas rutinas e costumes, para abrirnos a todos; o aprender a ver ao diferente como a un irmán e non como un inimigo; o recoñecernos fillos e fillas de Dios, corresponsables na misión e na vida… Unha Igrexa na que todos sentan curados, acollidos… Os pobres, os descartados, os invisibles, cada un co seu rostro, fóra como fóra, resoando proféticamente distinto na orquestra plural que é a Igrexa e na realidade social».
En relación á situación que vive a Igrexa ante a falta do sucesor de Pedro e a proximidade da celebración de o Conclave, monseñor Antonio Valín expresou que «para moitos é un momento de tensións internas e leas no seo de la Iglesia. Temos que vivir este momento desde a fe: Cristo é o Bo Pastor, o único pastor que guía, acompaña e empuxa á súa Igrexa. O seu Espírito, neste momento, daralle á Igrexa un pastor con cheiro a ovella que nos acompaña, coñecendo e compartindo os nosos sufrimentos».
A diocese de Tui-Vigo recomenda a todos os diocesanos que teñan presente nas súas oracións ao papa Francisco e, á súa vez, solicita a cada sacerdote que, dentro dos días hábiles que establece a liturxia, celebre coa maior solemnidade posible unha misa polo santo pai, nalgunha das parroquias máis poboadas das que teña ao seu cargo.
Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.