A imaxe da virxe da Nosa Señora da Franqueira peregrinará, o 20 de xuño, á catedral tudense de Santa María, onde permanecerá ata o domingo 28. Trátase dun acontecemento excepcional con motivo do Ano Xubilar que a diocese de Tui-Vigo está a vivir para celebrar o VIII centenario da dedicación da catedral de Tui. Ao longo da semana haberá diversos actos relixiosos.
O sábado 20 de xuño, ás 11.00 horas, a imaxe da virxe da Franqueira procesionará polas rúas da cidade tudense desde o Seminario Menor «San Paio », ata o templo catedralicio. Alí, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidirá a eucaristía.
Durante toda a semana, ás 10.30 horas, haberá rosario e meditación, seguida da misa ás 11.00 horas. Ademais, o 26 de xuño, ás 19.00 horas, o sacerdote Ángel Carnicero, delegado de Pastoral Vocacional e formador no Seminario Interdiocesano «Apóstolo Santiago», impartirá a conferencia «María, Nai da Igrexa».
Finalmente, o 28 de xuño, ás 13.00 horas, celebrarase a eucaristía de despedida na catedral tudense, tras a cal a imaxe regresará ao seu fogar no santuario da nosa Señora da Franqueira .
O 20 de abril de 2025, a Santa Sede aceptou a petición do bispo de Tui-Vigo para a concesión do Ano Xubilar particular a esta diocese con motivo do 800 aniversario da dedicación da catedral tudense. Isto comporta tamén a concesión de grazas especiais en forma de indulxencia plenaria —manifestación concreta da misericordia de Dios, que supera os límites da xustiza humana e transfórmaos—. Por iso, este ano é unha oportunidade para«volver ás nosas raíces, ao que fomos e ao que somos», para que a catedral «se converta nunha casa de portas abertas e nun hospital de campaña» e «para comprender mellor o ser Igrexa», afirmou monseñor Antonio Valín durante a inauguración do Xubileu.
Fuente: diocesetuivigo.org