Novas

Actos con motivo da festividade de San Telmo, patrono da Diocese

sacerdote dominico Fr. Julio Carpio Gallego predicará do 10 ao 12 de abril o triduo previo á solemnidade de San Telmo, durante a Eucaristía das 20.00 horas, na Catedral de Santa María de Tui.

luns 13 de abrilsolemnidade de San Telmo, haberá misas ás 09.00 e ás 10.00 horas na igrexa de San Telmo. Ás 19.00 horas neste mesmo templo terá lugar a homenaxe aos confrades falecidos durante o pasado ano, no que intervirá a banda de música da Brilat.

Ás 11.00 horas, celebrarase a misa solemne na catedral, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Monseñor Antonio Valín. Este ano a ofrenda a San Telmo realizaraa o alcalde da cidade de Tui, D. Enrique Cabaleiro, no marco dos 800 anos da Dedicación da Catedral.

O bispo da diocese tamén presidirá, ás 21.00 horas, a procesión coa imaxe do santo que finalizará coa ofrenda floral a San Telmo na Praza de San Fernando.