Sala Capitular

Se exteriormente, é a Portada de San Epitacio o principal vestixio románico da Catedral de Tui, no interior, sen dúbida un dos espazos máis representativos da devandita etapa artística é a Sala Capitular do século XII, situada nas inmediacións do claustro catedralicio, e, polo tanto, é recomendable a súa apreciación en conxunto.

É posible imaxinar, alá polos seus primeiros días, como os cóengos da Catedral podían sentir a protección e o acubillo que a forte e sólida estrutura pétrea da fábrica lles proporcionaba. Na devandita sala tiñan lugar os “capítulos”, é dicir, as reunións dos cóengos para deliberar determinadas cuestións relacionadas cos seus mesteres, e, seguramente, o espazo fose concibido en determinados momentos tamén como lugar de meditación e estudo, a xeito de aula.

Hoxe, ademais da estrutura que por si denota a súa antigüidade e o paso dos séculos, nela pódense observar pezas interesantes procedentes de varios cantos do conxunto catedralicio e pertencentes a diferentes épocas.

0 comments on “Sala Capitular

Deixa unha resposta