Retablo da Expectación

A arte sacra válese de multitude de recursos didácticos para transmitir aos fieis todas aquelas mensaxes que a simple lectura é incapaz de asimilar, de aí a riqueza sublime da decoración profusa e atrevida da arte relixiosa, en xeral, e da arte barroca, en particular.


Proba diso é este retablo da Expectación da Santa Virxe, o máis sobresaínte dos existentes neste artístico templo. A Virxe é representada encinta, apoiando a man sobre o froito do seu ventre. Este magnífico retablo débese á gubia do mestre de Redondela Antonio del Villar, durante o século XVIII. A imaxe da Virxe é anterior.


Todo o conxunto está flanqueado de fornelas con representacións haxiográficas e medallóns con escenas da historia da Salvación, constituíndo un deleite visual para os sentidos pleno de carga histórica e simbólica que é posible coñecer, ao igual que todo o conxunto catedralicio, in situ.